A Nosa Casa  
   
 O Local  Acta de Xestación  Localización  As imaxes do local
Ampliar imaxen

O centro neurálxico da Asociación de Veciños “Nosa Terra” é o Centro Social e Cultural “Os Castros”, coñecido popularmente como “O Local”. Nel véñense desenrolando gran  número de actividades dende fai máis de 20 anos.

En 1982 iniciáronse as obras do edificio social

no solar “Os Castros” baixo o sistema mixto de contrata e axudas veciñais, coa realización das explanacións, cimentos, alicerces..

En 1987 celebrouse por primeira vez a Xunta Xeral Ordinaria de socios no Local Social “Os Castros”, inda que quedaban pendentes moitas obras e non foi ata o comezo dos 90 cando se xeneralizou o seu uso.

Na actualidade o centro dispón de 3 plantas en vías de reestructuración para optimizar os espacios, que quedarían; planta baixa (salón, cafetería e aseos), planta alta (salón, biblioteca, sala de cursos, sala de socios e aseos) e bufarda (hall e 3 salas de oficinas).
           
O centro é utilizado por diferentes asociacións, comisións, organizacións, agrupacións, etc., como son a Avv. “Nosa Terra”, Grupo de baile tradicional “Nosa Terra”, Coral Polifónica, Comisión de Festas Virxe do Libramento, Comisión de festas Santa Mariña, Comisións de augas, Comisión de Montes, etc.