Os Nosos Grupos  
   
 A Coral
A Coral
Ampliar imaxen

Esta Coral foi fundada en 2005 e está composta por case 40 membros entre sopranos, contraltos, tenores e baixos, cunha idade media de 55 anos. Ten realizado ao redor de 10 actuacións por ano dende a súa posta en marcha, abarcando o territorio provincial, e no 2007 foi inscrita na FECOGA (Federación Galega de Corais).

Dende xuño de 2008 o grupo conta cun novo profesor, Ramiro Álvarez, natural de Sela (Arbo) e titulado de Grado Medio no Conservatorio de música Reveriano Soutullo.

Actualmente téntase conducir a Coral cara a novos retos, diversificando o estilo musical e a escenificación, realizado todo elo cun gran traballo, a través de varios ensaios semanais e co reforzo de cursos de técnica vocal.