AVV Nosa Terra  
   
“Nosa Terra” é unha asociación social, veciñal e cultural fundada polos veciños de Pereiras (Mos) no ano 1979 co propósito de servir coma instrumento canalizador das necesidades e inquedanzas da veciñanza, así coma de centro potenciador de actividades socio-culturais, enfocadas ao fomento e o enriquecemento cultural dos seus veciños e asociados. Descargar memoria

As actividades promovidas enmárcanse principalmente dentro da área cultural, coa programación de actuacións folclóricas, musicais, teatrais, etc. Así mesmo, teñen lugar ó longo do ano diversas festas e celebracións de marcado carácter social e tradicional

Destacar a continua programación e xestión de actividades formativas (cursos, xornadas...) con diferentes e variadas temáticas; tanto culturais, como artísticas, deportivas, etc.

Os membros da directiva renóvanse periodicamente de entre os seus socios. Descargar composición da directiva
   
Outras Descargas